Sunday 05 de May de 2024

O Concello da Pobra inviste preto de 140.000 euros nunha actuación de mellora no núcleo da Mirandela


Varias zonas do núcleo da Mirandela contarán proximamente con servizo de abastecemento de auga, recollida de pluviais, saneamento, incremento do alumeado público e reposición do pavimento ou dotación do mesmo nalgunhas vías que eran de terra ata o de agora ao abeiro do POS+2019. O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; a concelleira das Obras, Patricia Lojo; e Andrés Fernández, arquitecto técnico do estudo encargado da redacción do proxecto, desprazáronse ata o lugar para comproba-lo avance das obras que se iniciaron na semana pasada e contan cun prazo de execución de catro meses.

Este proxecto é unha mostra da folla de ruta deseñada pola Administración local para dotar de servizos básicos ao rural e acondiciona-las vías públicas; un compromiso que se estenderá a outras zonas do municipio segundo manifestaron tanto o rexedor como a edil.

A empresa adxudicataria foi Contrucciones Anspal S.L. por un importe de 139.755 euros, IVE incluído.